Son:
A auga subterránea é a que ten maior importancia para o home pola súa calidade e dispoñibilidade.

O ciclo da auga comeza coa evaporación da auga dos océanos, mares ou lagos e a súa chegada á atmosfera. A condensación pode provocar a volta da auga á terra en forma de chuvia ou neve. Unha parte da auga que cae na superficie evapórase volvendo á atmosfera, outra é absorbida polos vexetais e outra escórrese pola superficie terrestre chegando aos ríos e aos lagos.
Existe unha porción de auga que se infiltra no terreo que constitúe as augas subterráneas que volverán á superficie a través dos mananciais. Estas augas serán usadas polo home e volverán posteriormente ao mar. O ciclo péchase cunha nova evaporación da auga ao mar.
© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.A. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais. Diseño web ideup!