Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
Calidade e innovación

Son:

Calidade e innovación

calidad e innovación mondarizNa súa preocupación pola calidade, a súa planta de embotellado está dotada coa mellor tecnoloxía do sector das augas envasadas.

Aguas de Mondariz foi a primeira empresa envasadora do sector agroalimentario en España en conseguir as certificacións internacionais de Xestión de Calidade ISO 9001, de Xestión Ambiental ISO 14001 e a certificación europea EMAS. Tamén conta coa certificación Galicia Calidade, distinción que outorga a Xunta de Galicia aos mellores produtos da comunidade.

Ao longo de máis de cen anos de historia, Aguas de Mondariz mantivo a súa aposta pola innovación nos seus produtos e procesos. Este obxectivo tivo sempre presente o criterio de protexer a contorna: tódalas iniciativas, procesos e produtos son planificados e avaliados cun enfoque ambiental.

Mondariz foi a primeira empresa española en substituír o envasado PVC polo PET (tereftalato de polietileno). A reciclabilidade do PET (100%), o seu peso reducido e a ausencia de emisións contaminantes ao ser incinerado, convérteno nun dos materiais máis axeitados para a conservación do medio.

Ademais, a produción propia das botellas é unha garantía ante posibles riscos de contaminación da auga.

Estas iniciativas permiten un menor consumo de plástico, de papel e de cartón, unha redución do CO2 xerado e máximas posibilidades de reciclado.

Aguas de Mondariz traballa tamén na implicación dos seus provedores na cadea de valor, esixindo o mesmo compromiso ambiental e programas de mellora continua.

 

Certificados de calidade

Aguas de Mondariz posúe os seguintes certificados que avalan a súa calidade:

 
 
 

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.