Política de privacidade

1. Incorporación dos datos persoais aos ficheiros de AGUAS DE MONDARIZ
De conformidade co establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (en adiante, “LOPD”), infórmase que todos os datos persoais que o Usuario facilite a través do sitio Web www.aguasdemondariz.com (en adiante, “o Sitio Web”) serán incorporados e tratados nos ficheiros titularidade de AGUAS DE MONDARIZ FUENTE DE VAL, S.A. (en adiante, “AGUAS DE MONDARIZ”) para a finalidade de atender a petición, consulta ou información que nos solicite.

A cumprimentación de todos os datos solicitados a través do Sitio Web é necesaria para acadar unha óptima prestación dos servizos postos a disposición do Usuario. De non facilitarse todos os datos, AGUAS DE MONDARIZ non garante ca información e servizos solicitados podan prestarse, préstense correctamente ou axústense ás necesidades do Usuario.

2. Exercicio de dereitos
O Usuario pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na LOPD, mediante unha comunicación escrita dirixida a AGUAS DE MONDARIZ; Avenida del Val, s/n; 36870 - Mondariz (Pontevedra), España.; ou ben mediante correo electrónico dirixido a mondariz@aguasdemondariz.com. En ambos casos o Usuario interesado deberá acompañar unha copia do seu documento nacional de identidade, pasaporte ou outro documento válido co identifique.