Son:
Prezo: 10.95 €
Aguas de Mondariz pon á venda os grandes formatos: por fin á túa disposición as caixas de 0.75L sen gas en packs de 15 unidades
Aguas de Mondariz é sinónimo de calidade, saúde e pureza. Os seus 139 anos de historia así o avalan. É unha auga de mineralización débil que se caracteriza polas súas calidades beneficiosas para a saúde, pola súa composición equilibrada e polo sabor único, fino e diferenciado, recoñecido internacionalmente a través de distintas certificacións e premios.
A Auga de Mondariz conta coas ISO 9000, de xestión de calidade; 14000, de xestión medioambiental; e 22000, de seguridade alimentaria. Ademais, é a primeira compañía do sector que acadou a certificación EMAS III, que recoñece a eficacia do modelo de xestión ambiental e a transparencia na divulgación de información sobre este sistema.
Mondariz é ademais unha auga mineromedicinal vinculada á actividade balnearia que xa desde 1873 se utilizou con fins terapéuticos. É apta para o consumo de poboacións sensibles e os seus compoñentes dótana de importantes propiedades diuréticas e dixestivas, á vez que é beneficiosa para o coidado do corpo. É recomendable para todas as idades, especialmente para nenos, embarazadas e dietas baixas en sodio.
Aguas de Mondariz envasa auga mineral natural monomanancial, o que garante o consumo da mesma auga en calquera lugar do mundo. O manancial está situado dentro da Rede Natura 2000, un espazo natural protexido cun perímetro de protección de 43 millóns de metros cadrados.
Auga transparente, cun brillo único derivado do solo granítico polo que se filtra entre 60 e 120 anos e cun sabor característico que permanece inalterable desde fai máis de 100 anos. A súa equilibrada composición en minerais conférelle propiedades altamente saudables.
© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.
