Son:
Prezo: 22.95 €
Aguas de Mondariz pon á túa disposición as botellas de auga mineral natural con gas de 0.33L non retornable en caixa de 35 unidades.
Aguas de Mondariz é sinónimo de calidade, saúde e pureza. Os seus 139 anos de historia así o avalan. É unha auga de mineralización débil que se caracteriza polas súas calidades beneficiosas para a saúde, pola súa composición equilibrada e polo sabor único, fino e diferenciado, recoñecido internacionalmente a través de distintas certificacións e premios.
A Auga de Mondariz conta coas ISO 9000, de xestión de calidade; 14000, de xestión medioambiental; e 22000, de seguridade alimentaria. Ademais, é a primeira compañía do sector que acadou a certificación EMAS III, que recoñece a eficacia do modelo de xestión ambiental e a transparencia na divulgación de información sobre este sistema.
Mondariz é ademais unha auga mineromedicinal vinculada á actividade balnearia que xa desde 1873 se utilizou con fins terapéuticos. É apta para o consumo de poboacións sensibles e os seus compoñentes dótana de importantes propiedades diuréticas e dixestivas, á vez que é beneficiosa para o coidado do corpo. É recomendable para todas as idades, especialmente para nenos, embarazadas e dietas baixas en sodio.
Aguas de Mondariz envasa auga mineral natural monomanancial, o que garante o consumo da mesma auga en calquera lugar do mundo. O manancial está situado dentro da Rede Natura 2000, un espazo natural protexido cun perímetro de protección de 43 millóns de metros cadrados.
Auga Mineral con Gas
A súa burbulla é máis pequena que a do resto de augas con gas, o que a converte nunha auga moi agradable de tomar. Está especialmente indicada para facilitar a dixestión e resulta beneficiosa para os problemas de saúde relacionados con ardores de estómago e dixestións pesadas. Resulta moi recomendable o seu consumo en comidas copiosas, xa que exerce un efecto directo sobre as dixestións.
Segundo estudos realizados polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) “o consumo dun litro diario de auga con gas reduce os niveis de colesterol malo unha media do 10 por cento e aumenta os niveis de colesterol bo. Ademais, reduce a acidez, prevén a aparición de pedras no riñón e mellora as funcións intestinais”.
Rica en minerais, como o ferro, xofre ou calcio, entre outros, é, ademais, unha auga branda cunha composición equilibrada, debido ao seu filtrado durante un longo período de tempo a través do subsolo granítico do que procede (entre 60 e 150 anos), que lle confiren ademais o seu sabor e textura únicos.
© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.
