Entrar
Importancia da hidratación no verán

Son:

17.06.2010

No verán, a calor, o aumento da actividade, ao ter máis horas de luz, e as longas exposicións ao sol fan que perdamos máis auga corporal e poidamos chegar a sufrir deshidratación sen darnos conta. Por iso, é imprescindible que saibamos cómo hidratarnos do mellor xeito.

Tanto a Organización Mundial da Saúde (OMS) como os especialistas en nutrición recomendan unha inxesta de auga de entre 2 e 3 litros diarios, dependendo da idade, peso e sexo, xa que esta é a cantidade de líquido que normalmente perdemos ao día e que necesitamos repoñer.

Compre recordar que unha correcta hidratación regula a temperatura corporal, favorece o transporte de nutrientes e a eliminación de toxinas. Preserva tamén o bo estado das articulacións, das mucosas e da pel, por todo elo, a hidratación é imprescindible para que o noso corpo funcione adecuadamente, e facelo coa bebida máis axeitada proporcionaranos benestar e axudaranos a levar unha vida máis sa.

Neste senso, a auga mineral constitúe un xeito moi natural para repoñer a cantidade de auga que fainos falla, xa que trátase dun produto totalmente puro que apórtanos minerais esenciais para o correcto funcionamento do noso organismo. De feito, 2 litros de auga mineral natural ao día apórtannos máis de 20 minerais e oligoelementos e cobren entre o 5 e o 8 % das súas necesidades diarias. Trátase, pois, dunha hidratación rica e intelixente con vantaxes saudables.

¿Por qué a auga mineral natural é a opción máis acertada para hidratarnos?

1.    Cando bebemos auga mineral natural estamos bebendo unha auga única que é pura desde o seu orixe e posúe unhas características saudables.

2.    Cada auga mineral natural sempre apórtanos os mesmos minerais e o mesmo sabor natural grazas a súa composición mineral constante, por iso, cando bebemos auga mineral natural sempre sabemos o que estamos a beber.

3.    O gran valor da auga mineral natural é que para o seu consumo envásase tal e como se extrae da natureza, xa que non necesita tratamento químico nin microbiolóxico algún porque xa é pura en orixe e sa por natureza.

4.    A auga mineral natural non aporta calorías, por iso é ideal para levar uns hábitos de vida saudables.

5.    Grazas aos diferentes formatos nos que preséntase, beber auga mineral é un xeito moi san e natural de hidratarnos en calquera momento e lugar.

 

Fonte: ANEABE

 

valoración do artículo
gustaríanos saber a túa opinión
debes estar rexistrado:
0
 
 
 

Últimos comentarios

  • mondariz
    12.08.2009 09:25
    Esto es cierto de forma genérica, pero no se debe aplicar en la práctica de manera generalizada. Hay que tener en cuenta que hay m...
  • Andoni
    31.07.2009 13:36
    Que buena información, no tenía ni idea de que los bebes no necesitaban beber apenas agua. GRACIAS ;-)

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.

Verisign