Son:
O consumo de bebidas cun axeitado contido en minerais (electrolitos) é aconsellable durante a realización de calquera actividade física, e en especial, de actividades deportivas. Antes de adestrar convén inxerir 500 ml ou unha cantidade equivalente á pérdida de peso que se prevé ter. Durante o exercicio débese beber entre 500 e 1200 ml por hora, fraccionados en tomas de 150-200 ml cada 20 minutos, dependendo da temperatura ambiente, a humidade e o tipo de actividade. Despois do exercicio a cantidade de líquido a consumir debe aproximarse a un 150% do peso corporal perdido, o que vai facilitar unha mellor distribución de substratos, rexeneración de tecidos musculares e utilización de graxas como combustibles rexeneradores tralos adestramentos ou competicións. Os costumes para unha boa hidratación deben aplicarse durante os adestramentos para optimizar os rendementos durante a competición.
É importante coidar a temperatura da bebida que se inxire durante a realización de actividades deportivas; recoméndase consumir bebidas cuxa temperatura oscile entre 10 e 20 ºC, a pesar de que haxa certos deportistas que toleran ben as bebidas frías (5ºC). A bebida debe aportar entre un 6-8% de hidratos de carbono e sales; o sabor da bebida debe ser agradable para estimular a inxestión de líquido.
© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.
