Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
A agua no organismo

Son:

05.08.2009

A cantidade de auga presente no organismo varía sustancialmente duns seres vivos a outros. No caso dos mamíferos, os factores que máis inflúen na cantidade de auga do corpo son:

-    A idade: menor cantidade de auga a medida que se envellece.
-    O peso: a cantidade de auga descende co incremento do peso.
-    Sexo: máis auga nos homes que nas mulleres.

Polo xeral, as necesidades diarias dun individuo san, en idade adulta, que realiza unha actividade física moderada nun clima normal, son de 2,5 a 3 litros de auga. Posto que entre un 50 e un 70% desa cantidade obtense da auga dos alimentos, diariamente e en condicións normais, debemos beber 1,5 litros de auga.

Se estas necesidades non se cumpren podemos chegar a deshidratarnos. A deshidratación consiste na diminución de auga do organismo, e os seus efectos varían co grado de pérdida de fluídos. Os ensaios realizados demostran que unha pérdida de auga correspondente ao 10% do peso corporal produce trastornos de saúde graves e que cando esta pérdida acada valores do 20-25% acostuma a ser mortal. A morte por falla de auga soe producirse en 10-14 días nos climas temperados e entre as 36 e as 72 horas no deserto.

Necesidade diaria de auga

- Bebes: Ao nacer: 150 ml de auga por Kg de peso. Ao ano: 100 ml de auga por Kg de peso.
- Nenos: De 1 a 1,5 litros segundo a idade
- Adultos: 1,5 litros
- Terceira Idade: 1,5 litros

valoración do artículo
gustaríanos saber a túa opinión
debes estar rexistrado:
4
 
 
 

Últimos comentarios

  • sildiaz
    20.11.2012 13:25
    Desde luego ya pueden estar contentos los ganadores!puede que aguas de mondariz te mantenga sano para vivir preciosos momentos, ahora podrán...
  • marisa
    18.10.2012 10:11
    Qué chulas las botellas!
  • mondariz
    12.08.2009 08:25
    Esto es cierto de forma genérica, pero no se debe aplicar en la práctica de manera generalizada. Hay que tener en cuenta que hay m...

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.