Entrar
ICTAN

Son:

Auga de Mondariz beneficiosa para a pel

25.11.2009
in

A auga de Mondariz non so é fonte de vida e saúde, sino tamén de beleza. A hidratación é primordial para a saúde e a beleza da pel, xa que é unha das zonas do corpo na que mellor se reflicten os beneficios da auga. Unha pel hidratada mostra un aspecto suave, firme e flexible.

 

As augas termais ou mineromedicinais como as de Mondariz, que se forman no interior da terra e posúen toda a súa riqueza mineral, son as que poden exercer efectos terapéuticos nas persoas.

 

Nos últimos anos se foron incorporando as propiedades da auga á nova cosmética, por elo, facendo uso da auga mineromedicinal de Mondariz, o Balneario de Mondariz deseñou unha nova liña cosmética de orixe vexetal e mineral baseada nas cualidades da auga centenaria do municipio.

 

Esta liña, composta por doce produtos, está confeccionada con auga mineromedicinal de Mondariz, que contén sales minerais e oligoelementos tales como o zinc, o cobre, o molibdeno e o magnesio, entre outros compoñentes.

 

A presenza da auga mineromedicinal en todas as fórmulas, favorece a protección da pel contra a desecazón e a deshidratación, mellora as súas capacidades protectoras e restauradoras e axuda a diminuír as sinais máis prematuras do envellecemento, a través das súas propiedades recoñecidas, altamente hidratantes e renovadoras da pel.

 

Ao longo da súa formulación reducíronse o número de conservantes para facer os produtos máis ecolóxicos e contribuír á conservación do medio ambiente.

 

Toda a liña foi testada por un equipo confeccionado expresamente para a ocasión. Os distintos profesionais do balneario examinaron cada un dos produtos coa finalidade de obter finalmente unha liña cosmética á carta.

 

A liña cosmética do Balneario de Mondariz busca unha eficiencia natural reflectida na súa riqueza en activos vexetais e biolóxicos. So así pódese garantir a calidade natural destes produtos que teñen, na auga de Mondariz, o máis poderoso activo de beleza e pracer.

 

Esta liña de cosméticos traballa especialmente a gama dos aromas e a efectividade dos seus compoñentes en calquera das súas tres aplicacións: na liña de baño, na liña corporal e na liña facial.

 

Toda a liña é sinónimo de pureza e calidade, ademais de posuír unha presentación exquisita.

valoración do artículo
gustaríanos saber a túa opinión
debes estar rexistrado:
0
 
 
 

Últimos comentarios

  • Luz Divina Merchan
    12.05.2010 15:08
    Hi Mark, I'm very grateful to you for your complements. It's rewarding when you work is recognized for everyone. I always try to pass  my...
  • markjames283
    11.05.2010 11:36
    hi i m visting your web site for first time and i gained knowledge from your web site. your website is great and much informative.. ccie exam...
  • Carlos
    26.03.2010 16:48
    Muy interesante y didáctica tu entrevista! Carlos

balneario de mondariz

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.A. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais. Diseño web ideup!