You are in:
A cantidade de auga presente no organismo varía sustancialmente duns seres vivos a outros. No caso dos mamíferos, os factores que máis inflúen na cantidade de auga do corpo son:
- A idade: menor cantidade de auga a medida que se envellece.
- O peso: a cantidade de auga descende co incremento do peso.
- Sexo: máis auga nos homes que nas mulleres.
Polo xeral, as necesidades diarias dun individuo san, en idade adulta, que realiza unha actividade física moderada nun clima normal, son de 2,5 a 3 litros de auga. Posto que entre un 50 e un 70% desa cantidade obtense da auga dos alimentos, diariamente e en condicións normais, debemos beber 1,5 litros de auga.
Se estas necesidades non se cumpren podemos chegar a deshidratarnos. A deshidratación consiste na diminución de auga do organismo, e os seus efectos varían co grado de pérdida de fluídos. Os ensaios realizados demostran que unha pérdida de auga correspondente ao 10% do peso corporal produce trastornos de saúde graves e que cando esta pérdida acada valores do 20-25% acostuma a ser mortal. A morte por falla de auga soe producirse en 10-14 días nos climas temperados e entre as 36 e as 72 horas no deserto.
Necesidade diaria de auga
- Bebes: Ao nacer: 150 ml de auga por Kg de peso. Ao ano: 100 ml de auga por Kg de peso.
- Nenos: De 1 a 1,5 litros segundo a idade
- Adultos: 1,5 litros
- Terceira Idade: 1,5 litros
© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. All rights reserved. General conditions.
